pablo-zamorano-gamer-elaliga-santander.jpg
Celtismo

O celtista Pablo Zamorano representará ao RC Celta na eLaLiga

RC Celta

O RC Celta estréase esta tempada nos e-Sports coa súa participación na eLaLiga Santander, a competición oficial de LaLiga e FIFA 20 que arrinca esta semana en Madrid e na que participan 33 clubs de Primeira e Segunda División. O club celeste organizou unha rolda previa online, da man de LaLiga, para ver xogadores e, de entre os participantes afeccionados ao RC Celta, o vigués Pablo Zamorano resultou o gamer elixido.

A eLaLiga Santander vivirá a súa posta de longo este venres 14 de febreiro cun gran evento en Madrid. Durante os próximos meses, Pablo enfrontarase a algúns dos mellores xogadores do país coa ambición de clasificar ao RC Celta á final do campionato, que se celebrará o 9 de maio.

Máis información: www.elaliga.gg

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas