O RC Celta foi galardoado na Gala do Deporte cunha mención especial aos seus 100 anos de Afouteza e Corazón. Unha cerimonia, organizada polo Concello de Vigo, que se celebrou onte no Teatro Afundación onde se recoñecía o símbolo, a dedicación e a excelencia do club vigués na súa longa traxectoria. Un século de vida no que o club forxou unha identidade única e un sentimento compartido entre miles de afeccionados que percorre o mundo.
Un recoñecemento moi especial que coincide con outra destacada condecoración outorgada durante a mesma cerimonia. Manolo «Gran Capitán», unha figura emblemática na historia do RC Celta, foi honrado co prestixioso Premio Luis Miró, un galardón reservado para as lendas deportivas de Vigo que deixaron unha pegada indeleble no mundo do deporte local.
Unha gala na que Jonatan Giráldez e Laura Vázquez foron recoñecidos como os mellores deportistas do ano 2023.
Celtismo