ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

O Centenario suca o Museo do Mar coa exposición ‘100 anos de RC Celta. Gol e Arte’

RC Celta

O Museo do Mar acolle desde esta tarde a exposición ‘100 anos de RC Celta. Gol e Arte’, unha espectacular mostra enmarcada nas actividades do Centenario do club. A exposición, inaugurada polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda e o seu homólogo do RC Celta, Carlos Mouriño, permitirá que cidadáns e afeccionados celestes poidan gozar dunha exclusiva selección das obras de grandes pintores galegos que o club foi coleccionando durante anos.

Á posta en longo da mostra, que permanecerá durante varias semanas no Museo do Mar, acudiron diversos representantes do RC Celta e da Xunta de Galicia, así como un bo número de abonados celestes que solicitaron a pasada semana a súa invitación na páxina web da entidade celeste e os xogadores do primeiro equipo Kevin Vázquez e Iván Villar.

‘100 anos de RC Celta. Gol e Arte’, primeiro gran evento cultural do Centenario do club,  reúne unha trintena de obras de grandes pintores galegos como Laxeiro, Pedro Solveira, Antón Pulido, Xaime Quesada, Leopoldo Varela, Lodeiro ou Antonio Quesada, entre outros.

A exposición, que permanecerá no Museo do Mar durante o mes de febreiro, estará aberta ao público de martes a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas e os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Centenario

Noticias recomendadas