Hemeroteca club

O central Samuel e a súa muller, Gloria, felices coa chegada do seu primeiro fillo

RC Celta

O Real Club Celta quere expresarlles a súa máis sincera felicitación polo nacemento do pequeno Thiago

 

A familia celeste continúa medrando. O central céltico Samuel e a súa muller, Gloria, recibiron nas últimas horas unha noticia que lles colma de felicidade, o nacemento do seu primeiro fillo. Tanto o pequeno, que se chamará Thiago, como a nai atópanse en perfecto estado de saúde. O Real Club Celta quere expresarlles aos felices pais e ás súas familias a súa máis sincera felicitación por este gran acontecemento.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas