Hemeroteca celtismo

O centro de Vigo acolleu a presentación das novas equipacións Adidas

RC Celta

adidas - presentacion 01

Hugo Mallo, Sergio, Vila e Yoel estrearon as prendas nun orixinal evento

 

GALERÍA FOTOGRÁFICA – VIDEO EN CELTA TV

O Real Club Celta e Adidas presentaron este mediodía as novas equipacións do club para a tempada 2013/2014. Os xogadores do primeiro equipo Sergio, Yoel, Hugo Mallo e Jonathan Vila exerceron de modelos na presentación, que tivo lugar no centro da cidade de Vigo. O catro canteiráns atenderon aos afeccionados e disputaron con algúns deles un partidillo nunha zona acoutada para tal efecto na Rúa do Príncipe.

 

Este orixinal evento atraeu a atención dos viandantes, que recibiron con entusiasmo os novos deseños das camisetas para a próxima campaña. As equipacións Adidas 2013/2014 poranse á venda na tenda oficial do Real Club Celta entre o luns e o martes da próxima semana, unha vez conclúan as reformas do establecemento. Os abonados do club contan cun 10% de desconto sobre o prezo final da prenda, que para o público xeral será de 65€.

 

A primeira equipación expón un deseño sinxelo e elegante, combinando o clásico azul celeste representativo do club con detalles en negro nos ribetes de pescozo e mangas. O escudo da camiseta será bordado e incluirá unha serie de novidades como o novo deseño do logotipo do patrocinador principal (Citroën) e o logotipo do 90 aniversario do club situado na manga esquerda. Ademais, contase coa publicidade de Estrela Galicia 0,0 na parte baixa das costas e o detalle do trisquel na parte traseira do pescozo.

O segundo equipamento, pola contra, presenta un deseño moito máis agresivo e innovador, continúa baseándose na potente combinación de cores celeste-negro, esta vez investida, cunha base negra sobre a que destacan bloques de cor e detalles celestes. O escudo continúa sendo bordado e a camiseta presenta os mesmos elemento publicitarios que o primeiro equipamento.

A nivel tecnolóxico, as equipacións cumpren cos máximos estandars de calidade de adidas. Tanto a primeira camiseta como a segunda incorporan tecnoloxía climacool, que axuda a expulsar a calor e a suor do corpo grazas á súa composición de fibra e á combinación de diferentes tipos de tecido de malla abertos, situados estratexicamente para permitir que o aire circule a través do tecido e seque a suor. Facilitando desta maneira o mellor rendemento dos xogadores das distintas categorías do club.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas