Hemeroteca celtismo

O ‘Circo de Nadal’ chega a Vigo con descontos para abonados e colaboradores da Fundación

RC Celta

IMG1.jpg

Participa no sorteo de entradas no Facebook oficial do Celta!

 

Vigo acolle este Nadal a estrea de ‘Circo de Nadal’, a nova produción da compañía La Fiesta Escénica, que se estreará o vindeiro venres 19 de decembro baixo unha carpa xigante instalada na Avenida Castelao até o domingo 11 de xaneiro. La Fiesta Escénica pretende con este novo espectáculo que os espectadores vivan a experiencia do Nadal a través dun despregamento inédito de luz, música, vestiario, escenografía e números circenses protagonizados por 35 artistas internacionais provenientes de Xapón, Alemaña, Romanía, China, México, Panamá e Brasil.

 

Para celebrar a estrea deste incrible espectáculo La Fiesta Escénica agasalla aos abonados do Celta e aos membros colaboradores da Fundación Celta cun 10% de desconto en calquera función e localidade presentando o carné nos despachos de billetes ao adquirir os billetes. Ademais sortearanse entradas dobres (neno+adulto) entre os seguidores do Facebook oficial do RC Celta: www.facebook.com/realclubcelta 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas