Hemeroteca club

O club agradece á afección o seu apoio, empuxe e entrega, cruciais nunha vital vitoria

RC Celta

celebracion_cel-sev_1314.jpg

A unión da familia celtista, clave tamén no triunfo ante o Sevilla

O Real Club Celta quere facer chegar o seu máis sincero agradecemento á afección celeste. Nun partido vital, ante un rival extremadamente complicado como o Sevilla, os abonados e seguidores célticos empuxaron ao equipo cara á vitoria, demostrando unha vez máis unha fe incondicional e unha paixón única polas cores do club. A súa entrega desde o primeiro minuto e ata o último segundo do encontro deu ás aos futbolistas célticos, quenes dedicaron un sincero e merecido aplauso ao celtismo ao finalizar o partido, pois en gran medida a vitoria fraguouse nas bancadas.

 

O celtismo está máis vivo que nunca. Os cánticos de apoio cando os xogadores máis o necesitan, os espectaculares recibimentos ao equipo, a paixón no canto do himno… Unha tempada máis, a afección volve ser alicerce fundamental de cara á consecución do obxectivo. A permanencia está cada vez máis preto, pero aínda restan sete xornadas nas que a unión da familia celtista será clave para conseguir os puntos necesarios. Esta unión foi decisiva hoxe, como tantas outras veces, e o club quere agradecerlles a abonados e afeccionados o seu alento, o seu empuxe e o seu exemplar comportamento.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas