Hemeroteca celtismo

O club amplía ata mañá o prazo para retirar os suplementos para o partido ante o Barcelona

RC Celta

De Lucas-Alba

O mércores poranse á venda na oficina de abonados os asentos dispoñibles

 

Para evitar que ningún dos abonados do Real Club Celta aos que lles corresponda retirar suplemento para o partido deste sábado ante o Barcelona quede sen a posibilidade de adquirilo, o club amplía de maneira extraordinaria o prazo para realizar este trámite, que expirou o pasado venres, ata mañá, martes, día 26. Estes suplementos para os abonados de tempada que renovaron ou se deron de alta despois do 15 de xullo e os anuais que o fixeron despois do 20 de decembro, pódense adquirir nas oficinas de abonados en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas ao prezo de 20 euros para categoría adulto e 10 euros para o resto.

 

O vindeiro mércores, o club porá á venda, tamén na oficina de abonados, os asentos correspondentes aos abonados que non retirasen o suplemento e que por tanto non asistirán ao partido.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas