Elexirá o definitivo entre os traballos que realizarán Irrisarri-Piñera, Alfonso Penela e Villacé-Cominges
Irisarri-Piñera, Alfonso Penela e Villacé e Cominges son os prestixiosos arquitectos encargados da realización do anteproxecto da reforma da nova sede social do Real Club Celta, situada na rúa do Príncipe. Os anteproxectos deberán ser presentados no prazo máximo de mes e medio para a súa avaliación por parte do consello de administración do club, que elixirá o traballo definitivo entre este tres propostas.
Os arquitectos designados polo club para a realización dos anteproxectos gozan dun gran prestixio e realizaron obras emblemáticas e premiadas tanto na cidade de Vigo, como noutras moitas urbes.
Alfonso Penela, profesor na Escola de Arquitectura desde hai 25 anos, é autor de sete edificios no Campus de Vigo, entre eles un dos Reitorados ou as Facultades de Económicas e Ciencias Xurídicas, ademais do Centro de Biomedicina que está nunha avanzada fase deconstrucción.
O edificio do Colexio de Arquitectos de Galicia, a sede dos Rexistradores ou o Colexio Losada son algunhas das obras realizadas por Irisarri-Piñera, ambos os profesores na Escola de Arquitectura de Arquitectura.
Pola súa banda, Villacé e Cominges recibiron numerosos recoñecementos polos seus proxectos de rehabilitación no Casco Vello vigués, a creación do Pavillón de Celebracións do Pazo de Cea, en Nigrán. e vivendas unifamiliares en Vigo, Chaín ou Sanxenxo.