RC Celta e hummel presentaron o segundo equipamento que lucirá o conxunto celeste a tempada 24/25 da man de Dirty Suc e baixo o claim #NoSecondTeam. Unha campaña que se lanzaba cun anuncio que causaría furor en redes sociais e que foi a antesala dunha gran sorpresa que o club tiña preparada para todos os seguidores do artista vigués.
Dirty Suc ofrecía un concerto sorpresa na tenda oficial do RC Celta na Sede e, desde pouco antes das oito e media, unha longa fila de persoas facía cola para poder acceder e gozar do concerto. Enfundado coa segunda elástica do conxunto celeste, o rapero saltaba ao escenario para regalarlle aos presentes algunhas das súas cancións máis coñecidas.
Sen dúbida, un evento que sería o broche de ouro da presentación do 2º equipamento do RC Celta para a próxima tempada e que ten á cidade de Vigo como principal protagonista.