20250524_Partido_GETAFEvsRCCELTA_Aficion-17
Celtismo

O día que Getafe tinguiuse de celeste | Galería do maior desprazamento da tempada

RC Celta

O 24 de maio de 2025 quedará gravado para sempre na memoria celeste. No último encontro da tempada, correspondente á partida fronte ao Getafe no Coliseum, non só logrouse o billete á UEFA Europa League, tamén se viviu o maior desprazamento do curso. Getafe tinguiuse de celeste grazas a vós.

Cando pensabamos que o de Valladolid era insuperable, volvestes romper todos os esquemas e demostrastes, unha vez máis, que non hai distancia que nos separe. Celtismo e club foron un durante as 37 xornadas previas e esa non podía ser menos.

Desde o RC Celta só podemos darvos as grazas. Grazas polo apoio, a Afouteza e o amor por este escudo que vos levou a estar sempre ao pé do canón. Este curso foi único e vós estivestes aí en cada paso. Por iso, con moito orgullo, e un pouco de nostalxia, deixámosvos esta galería coas mellores imaxes daquel día. Seguro que atopas algunha cara coñecida!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas