Hemeroteca club

O director de Seguridade do Celta recibe unha Mención Honorífica de Tipo A

RC Celta

Julio Vargas recibiu hoxe esta distinción otorgada pola Xefatura Superior de Policía de Galicia

 

O director de instalacións e seguridade do Real Club Celta, Julio Vargas, recibiu hoxe en Santiago unha Mención Honorífica Tipo A outorgada pola Xefatura Superior de Policía de Galicia. A entrega desta distinción realizouse con motivo do Día da Seguridade Privada no Auditorio de Novagalicia Banco na capital galega.

 

No acto, en que participaron diversas autoridades de distintos ámbitos, entregáronse as mencións honoríficas ás persoas do sector que sobresaísen dalgunha forma na súa actuación durante o último ano, especialmente na súa colaboración con Forzas e Corpos de Seguridade. O director celeste recibiu a máis alta distinción das que se outorgan.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas