O primeiro equipo do RC Celta gozou esta mañá do apoio e o entusiasmo de dous centenares de abonados, que acudiron á Cidade Deportiva Afouteza para presenciar o adestramento dos celestes. O club organizou esta visita con motivo dos seus 99 aniversario para que os máis novos puidesen presenciar unha sesión de traballo do equipo de Coudet e charlar cun bo número de xogadores, que tras o adestramento acudiron á zona onde estaba os seguidores para asinar e tomarse fotos.