20231213_Visita_AlvaroCunqueiro_PrimerEquipo-3
Novas club

O mellor agasallo do Nadal para o RC Celta: Os sorrisos e o agarimo dos nenos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro

RC Celta

O RC Celta e a súa Fundación viviron hoxe unha emotiva xornada, unha experiencia inesquecible que sempre xera un aluvión de emocións: a tradicional visita do Nadal á planta de Pedriatría e as Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro. Os xogadores do primeiro persoal, o corpo técnico e a presidenta do club, Marián Mouriño, ademais doutros responsables da entidade, acudiron ao centro sanitario e entregaron diversos agasallos do Nadal aos pequenos, que responderon un unha desbordante ilusión.

Os futbolistas visitaron aos pequenos nas súas habitacións, onde asinaron autógrafos e entregáronlles diferentes agasallos. Este entrañable evento é sempre moi especial para o club e a súa Fundación, que reciben como o mellor agasallo do Nadal a felicidade e alegría dos nenos hospitalizados nunhas datas tan sinaladas.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas