Audiovisual

O modelo de canteira do RC Celta ‘conquista’ Xapón

RC Celta





A canteira celeste continúa afianzándose como referente internacional e o seu prestixio estendéndose cada vez con maior firmeza ao longo do mundo. Unha mostra máis da puxanza do modelo de canteira celeste é o interese da Federación Xaponesa de Fútbol en poder contar cun equipo céltico nun dos seus torneos de maior prestixio, un interese que propiciou o convenio asinado esta mañá polo RC Celta e a Fundación coa federación para a participación dun equipo céltico na Copa Suruga-Torneo Internacional Xuvenil de Shizuoka Sub-15, que terá lugar durante o próximo mes de outubro.

Unha delegación da federación de Shizuoka visitou nas últimas horas as instalacións celestes, desde a nova sede ata A Madroa e o Estadio de Balaídos para despois asistir a unha presentación dos proxectos do RC Celta e asinar o convenio que recolle a participación dun equipo das categorías inferiores no mencionado torneo internacional.

A expansión internacional do RC Celta e a Fundación, coa apertura de escolas en diversos países e a participación dos equipos de canteira en numerosos torneos internacionais, prosegue con esta nova experiencia, tremendamente enriquecedora para os mozos xogadores celestes tanto a nivel deportivo como de desenvolvemento persoal.

O método celeste no traballo de canteira xa chegara a Xapón fai uns meses, xa que o director das categorías inferiores celestes, Carlos Hugo García, e o adxunto de metodoloxía, Diego Santos, viaxaron ao mencionado país asiático para transmitir os seus coñecementos e ideas ao JEF United Ichihara Chiba, club co que o RC Celta mantén un acordo de colaboración.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media

Noticias recomendadas