Hemeroteca celtismo

‘O Noso Derbi’ en Balaídos: agasallo seguro para os 300 primeros asistentes e sorteos desde as 19:45h

RC Celta

banderagaliciabalaidos.jpg

Coca-Cola agasallará con lentes de sol aos primeiros celtistas en chegar ao evento no estadio vigués

 

A festa do fútbol galego non só é especial para o club e os afeccionados, senón tamén para os patrocinadores celestes. Grazas á súa implicación na organización do evento deste sábado en Balaídos cada vez son máis os sorteos e sorpresas que agardan aos celtistas que acudan a esta gran cita. Desde as 19:45h todos os asistentes terán a oportunidade de participar nos sorteos de produtos ‘Selecta’ de COREN, material deportivo de CARLOS MIGUEL, vales para os restaurantes A RODA e BRASA Y LEÑA, lotes de conservas DAPORTA… e até dunha figura a tamaño real de calquera futbolista do Celta por cortesía CdeC, provedor de servizos gráficos do club céltico.

 

A diversión comezará desde moito antes. Ás 18:00h a música de M80 e dun DJ en directo comezará a amenizar o evento, que tamén contará cos servizos de restauración das cantinas do estadio. Xa ás 20.30 horas Radio Vigo-Cadena SER comezará desde o estadio a súa previa do partido, con protagonistas e toda a información sobre o encontro e ás 22.00 horas poderase ver o partido en varias pantallas xigantes.

 

As entradas para este evento pódense adquirir (máximo de dous por persoa) na tenda oficial do Real Club Celta situada nos baixos de Balaidos, con horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. O prezo por entrada será de 1 euro e a recadación destinarase a sufragar os gastos escolares dos xogadores das categorías inferiores.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas