Hemeroteca celtismo

O prazo para renovacións e altas con vantaxes especiais amplíase ata o próximo xoves

RC Celta

colaabonados100714.jpg

O ritmo de gestións en Balaídos e na web aumentou notablemente nos últimos días

 

Ante o crecente ritmo de renovacións e altas, tanto nas dependencias de Balaídos como na web, o RC Celta amplía o prazo para renovar ou darse de alta con vantaxes especiais ata o vindeiro xoves 17 de xullo incluído. Co regreso ao traballo do primeiro equipo e unha ilusionante nova tempada cada vez máis preto, a expectación no celtismo disparouse. A afluencia de afeccionados á oficina de abonados e os despachos de billetes foi incesante nos últimos días, do mesmo xeito que a actividade rexistrada na plataforma dixital.

 

Desta forma, os abonados que aínda non renovasen o seu carné e os afeccionados que desexen darse de alta teñen como límite o xoves da próxima semana, incluído ese día, para tramitar o seu abono con condicións promocionais: desconto do 5% para as renovacións e exención dos partidos designados como ‘Día do Club’ tanto en renovacións como en novas altas.

 

Os despachos de billetes e a oficina de abonados permanecerán abertas de luns a venres (de 9 a 14 e de 17 a 20 horas) até o 17 de xullo. Así mesmo, as renovacións e altas ordinarias poden realizarse con rapidez e comodidade as 24 horas do día a través da plataforma dixitalhttp://www.celtavigo.org/abonosCelta

 

Foto: afeccionados agardando para renovar (hoy, 17:00h)

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas