Hemeroteca club

O presidente Carlos Mouriño repasa en profundidade a actualidade do Real Club Celta

RC Celta

tw.jpg

O museo do club acolleu o encontro do mandatario céltico cos medios de comunicación

 

O presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, repasou toda a actualidade do club vigués cos medios de comunicación. O mandatario celeste tratou todas as áreas da entidade, destacando a confirmación de que “a débeda do Celta, concursal e non concursal, é cero”. A comparecencia do presidente estará próximamente dispoñible en CeltaTV”. 

 

ÁREA ECONÓMICA E SOCIAL

“A débeda, concursal e non concursal, é cero”.

“Temos un superávit de 15 millóns de euros”.

“A falta de pecharse a Campaña de Abonados, temos uns 22.000 abonados”.

 

NOVA SEDE SOCIAL

“Na planta baixa haberá unha tenda Adidas con produtos do Celta e outros en exclusiva e unha cafetaría”.

“Unha planta enteira ocuparaa unha policlínica que será extensión dos servizos médicos do club”.

“Está pendente de concretarse a presenza dun restaurante”

“A nova sede integrará todas as oficinas do club e unha residencia para xogadores da nosa canteira”.

“As obras, unha vez comecen, terán unha duración de 9 meses”.

 

CANTEIRA/CELTA B/FUNDACIÓN

“Necesitamos a Cidade Deportiva, senón a nosa canteira non poderá seguir desenvolvéndose”.

“O 80% dos xogadores da nosa canteira proceden da provincia”.

“A Fundación Celta e a dirección de canteira traballa para expandir as nosas escolas de fútbol polo mundo”.

“A nosa prioridade segue sendo a canteira. Os canteiráns terán todo o noso respaldo, pero teñen que gañarse o posto”.

“No Celta B fixemos 4 fichaxes, subido 8 xuvenís e o resto son xogadores que xa estaban no equipo”.

 

PRIMEIRO EQUIPO

“Un equipo novo como o noso está cheo de futuro e dará moitas alegrías”.

“Nolito está contento no Celta. É de agradecer o seu xesto de aclarar publicamente que só se iría ao Barcelona se pagan a súa cláusula. É un xogador comprometido, que sente as cores”.

“Non ficharemos outro porteiro pola lesión de Rubén. Tampouco traeremos un central. Usaremos a nosa canteira”.

“A Costas se lle atopará equipo. Madinda non o cederemos por ceder. Se non se lle atopa equipo quedarase no Celta e demostrou en pretempada que pode facelo moi ben”.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas