silabario-logotipo.jpg
Celtismo

O prestixioso Restaurante Silabario reabre as súas portas en ‘A Sede’

RC Celta

O prestixioso Restaurante Silabario do chef Alberto González, posuidor da Estrela Michelin de 2012 a 2016, reabre as súas portas en A Sede. Inspirada no fabuloso receitario tradicional galego pero cun persoal selo de autor, a cociña de Silabario está pensada para todos os padales e en especial para o dos amantes da boa gastronomía.

Situado na última planta da Sede, desde onde poderán contemplarse unhas magníficas vistas da Ría de Vigo, o Restaurante Silabario xa acepta reservas a través da web www.asede.rccelta.es

A Sede

O RC Celta, a súa afección e Vigo vivirán durante o próximo mes de marzo un acontecemento histórico, a inauguración da nova sede social do club, situada na rúa do Príncipe, no corazón de Vigo, nun emblemático inmoble que se converterá na casa do celtismo. Este evento terá lugar o día 17 do próximo mes de marzo, unha data que sen dúbida pasará á historia do club, xa que a nova sede social é un dos grandes alicerces do proxecto de futuro da entidade e á vez un poderoso impulso ao presente.

Todas as novidades e detalles na web asede.rccelta.es e nas contas oficiais de A Sede en twitterfacebook e instagram.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas