Hemeroteca club

O primeiro equipo celebra o éxito do filial a través de CeltaTV

RC Celta

felicitacion_filial_primer_equipo.jpg

O espléndido ascenso do Celta B culmina unha tempada histórica para o celtismo

 

A canle oficial de televisión online do club, Celta TV, ofrecía onte tras as partido Areas-Celta B un resumo da eliminatoria cun contido extra que ilusionou aos rapaces do filial.

 

O adestrador do primeiro equipo, Luís Enrique, e algúns xogadores celestes como Bermejo, Álex López ou Sergio, quixeron unirse á celebración do ascenso a 2ªB e desde os seus dispositivos móbiles enviaron vídeos de felicitación que Celta TV incluiu a modo de sorpresa final: (ENLACE AL VIDEO)

 

O espléndido ascenso do Celta B pon fin a unha tempada histórica para o Real Club Celta. Tras moita tensión e sufrimento, o celtismo por fin pode celebrar un ano no que a unión e o traballo depararon uns resultados remarcables, que non fan senón referendar o proxecto de canteira da entidade e o espírito renovado dunha afección que levou polo aire ao club.

 

Co primeiro equipo na máxima categoría do fútbol español, o filial de regreso á división de bronce, o Xuvenil División de Honra como vixente sub-campión de España e o resto de equipos celestes campións dos seus respectivos campionatos, o potencial futbolístico da entidade céltica e da súa canteira apunta cara ao éxito e a ilusión como nunca antes viuse.

 

A todo iso súmase unha situación económica saneada e estable, posible tras anos de esforzo, sacrificio e bo facer, un aspecto que se erixe como clave e fundamental na emocionante etapa na que o Celta comeza a adentrarse. A tempada 2013/2014, a do 90 aniversario, pode ser non só a da consolidación do primeiro equipo e a súa política de fútbol base, senón a de toda unha entidade histórica e a da súa incondicional afección.

 

O Real Club Celta quere expresar o máis sincero dos seus agradecementos aos futbolistas e técnicos de todas as categorías, aos abonados celestes que unha campaña máis apoiaron desde o inicio ao club, a todos os afeccionados que partido tras partido apoiaron ao equipo con paixón e unha fe cega e, en especial, a todos os empregados que con “afouteza e corazón” fan posible o funcionamento diario do Celta.

 

A todos eles, moitas grazas e parabéns por unha tempada inesquecible. Xuntos ningún soño é inalcanzable. Ala Celta!

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas