TorneoGolf COMPLETO (2)_page-0001
Novas club

O próximo 21 de marzo: Torneo de Golf RC Celta Empresas da man de Celtamotor por motivo do seu 25 aniversario

RC Celta

O RC Celta e Viaxes O Corte Inglés organizan o próximo 21 de marzo o Torneo de Golf RC Celta, unha cita aberta a colaboradores, traballadores, celtistas e afeccionados que apoian ao equipo en cada partido. O evento terá lugar no Balneario de Mondariz a partir das 14:00h, con Celtamotor como patrocinador principal polo seu 25 aniversario.

A partir de 30 euros, os participantes poderán gozar dunha xornada única que comezará ás 12:00h coa recepción de xogadores e entrega dun Welcome Pack previa á saída a tiro, que será ás 14:00h. Durante o xogo, os participantes gozarán dun refrixerio a metade de percorrido e un cóctel ao final do torneo, seguido da entrega de premios ás 20:30h e un peche con música ambiente.

O torneo contará con modalidade Stableford Hándicap Individual, con premios en diferentes categorías: Hoyo Celtamotor, con premio á bóla máis próxima, Hoyos Eurored, con premio especial ao drive máis longo masculino e feminino entre liñas, gañador de 1ª e 2ª categoría, segundo clasificado 1ª e 2ª categoría e gañador categoría Scratch. Ademais destes premios, haberá diferentes sorteos entre os participantes, como estancias no Balneario de Mondariz, camisetas asinadas do RC Celta ou entradas a partidos.

A capacidade é de 104 xogadores, polo que non te quedes sen praza para este evento que promete ser un día inesquecible, e ven a esta festa que xunta deporte e celtismo.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas