Hemeroteca celtismo

O R.C.Celta inclúe de novo na campaña de abonados o pago fraccionado do carnet

RC Celta

cartel_campana_abonados_web_3615.jpg

Ata 3 meses sen intereses ou con Credicelta ata un máximo de 12

 

Unha vez máis, o Real Club Celta ofrece os seus abonados facilidades de pago para renovar ou darse de alta sen ter que realizar un único desembolso. Os usuarios de Tarxeta Comercio ou VISA Abanca poderán pagar ata en tres meses sen intereses, mentres que aqueles que desexen fraccionar máis o abono poderán utilizar o Credicelta, que, unha vez autorizado por Abanca, permite o pago a prazos ata en 12 meses cun interese competitivo. Para gozar desta vantaxe, os abonados deberán presentar nas taquillas do estadio o seu DNI e o número de conta de Abanca.

Por outra banda, os abonados que haxan domiciliado o pago recibirán o cargo a partir do día 15 de xuño e poderán retirar o seu carnet presentando o justificante bancario nas taquillas desde o día un do  próximo mes de agosto.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas