ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

O RC Celta abre o prazo para as altas de abonados: entre este mércores e o día 10 de setembro

RC Celta

 

O RC Celta abre este mércores a fiestra de altas para a tempada 2021/22, desde a que se divisa un equipo con identidade, con oito canteiráns e en busca da versión que o levou a pasada campaña a remontar de xeito espectacular ata o oitavo posto da clasificación.

Os afeccionados que desexen integrarse na familia celeste poden tramitar a súa alta desde o día 1 e ata o 10 de setembro no portal rccelta.es/abonados, con prezos idénticos aos de fai catro anos e unha cota de alta de 90 euros en caso dos adultos e de 50 euros para o resto de categorías.

A final de tempada, o club devolveralles aos abonados que se dean de alta nas datas sinaladas o importe correspondente aos dous partidos xa desputados, ante Atlético de Madrid e Athletic Club. No caso de que, debido ás restriccións sanitarias, non poidan acudir ao estadio recibirán tamén o importe correspondente aos partidos que non poidan gozar (coas mesmas condicións que o resto de abonados).

As altas poderanse tramitar exclusivamente para as gradas de Tribuna Alta, Tribuna Baixa, Río Alto e Río Baixo por mor das obras que se están realizando no estadio. E, como o resto da masa social, os abonados que se sumen ata o 10 de setembro gozarán de numerosas, vantaxes, entre elas, ademais de poder presenciar os partidos do RC Celta, Celta B e Celta C – Gran Pena (suxeito ás restricciones de aforo), descontos nas tendas oficiais e actividades da fundación, acceso a contidos exclusivos, promociones e encontros de Celta Zorka Recalvi.

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas