Álex Andújar, preparador físico do primeiro equipo, e Eduardo Covelo, director da canteira celeste, forman parte do cadro de relatores que participarán na PAC (Programa de Achega de Coñecementos) para a adaptación á situación de confinamento que organiza a Federación Galega de Piragüismo. Os profesionais que interveñen nesta acción achegarán a súa experiencia e información no marco da situación actual e, en particular, como afecta os deportistas.
En total serán dez sesións virtuais que se desenvolverán de 18:30 a 19:30 a partir do 30 de marzo. Álex Andújar intervén o martes 31 de marzo e Eduardo Covelo o mércores 8 de abril. Os interesados en participar deben darse de alta na plataforma Zoom e solicitar acceso ás sesións nos correos electrónicos [email protected] e [email protected].