O Real Club Celta continúa avanzando con paso firme no apontoamento dun dos seus grandes obxectivos, consolidar o seu proceso de crecemento global, coa creación dunha nova área para enriquecer a estrutura da entidade. Baixo a dirección de Carlos Cao, o club creou a área de Negocio, encamiñada tanto á mellora da explotación das vías de negocio xa existentes como á creación doutras novas que impulsen o crecemento do RC Celta.
Carlos Cao (Vigo 1975) é Enxeñeiro Técnico Industrial pola Universidade de Vigo, Master MBA Executive pola Escola de Negocios Afundación e International Business Program (IBP) pola Universidade de Georgetown (EEUU). Completa a súa formación con outros Master, Programas e Cursos de especialización.
A súa traxectoria profesional enmárcase dentro do ámbito da xestión de recursos para a optimización de proxectos técnicos e empresariais no sector construtor, inmobiliario (residencial, industrial e retail), comercial e concesional.
Tivo unha evolución natural e progresiva desde o punto de vista profesional e de formación que lle permitiron chegar a postos Directivos. Desenvolvemento a súa actividade profesional en empresas como Construcións Conde, Grupo Bruesa e Grupo Civis Global.