sempre celta grafica 1
Celtismo

O RC Celta atendeu este xoves a numerosos abonados en Abanca Balaídos

RC Celta

sempre celta grafica 1O RC Celta atendeu onte a numerosos abonados maiores de 65 anos en Abanca Balaídos co fin de ofrecerlles axuda para renovar o seu carné. Respectando en todo momento as medidas de seguridade establecidas, os abonados puideron tramitar a domiciliación do seu abono, liquidar incidencias ou resolver dúbidas relacionadas coa campaña de abonados ‘Sempre Celta’.

A campaña de abonados do RC Celta inclúe, entre outras vantaxes, o acceso a contidos exclusivos na nova web oficial e a unha zona privada da tenda online oficial, con descontos de até o 30% en packs de produtos oficiais. Tamén acceso á compra de entradas para aqueles partidos que se poidan disputar en Abanca Balaídos con aforamento limitado se os houbese. Ademais, poderán acudir ao partidos do filial en Barreiro de maneira gratuíta sempre que as autoridades sanitarias permitan público nas bancadas, como ocorreu o pasado domingo ante o Zamora con 150 abonados.

Os abonados poden tramitar altas e renovacións na nova páxina web oficial do club de maneira rápida, sinxela e segura accedendo a través da páxina rccelta.es/abonados, onde poderán consultar todos os detalles da campaña.

Como sempre, o servizo Escoitamos atenderá todas as dúbidas relativas á campaña, ademais de axudar co proceso de tramitación de abono a aquelas persoas que así o necesiten.

As billeteiras abrirán cada xoves de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo O Club

Noticias recomendadas