CANTEIRA-1300x740.jpg
Celtismo

O RC Celta celebra o soberbio éxito da súa canteira na Selección Española

RC Celta

O celtismo pode presumir, con orgullo, de que a Selección Española de fútbol poboouse para os seus dous próximos partidos internacionais con canteiráns do RC Celta. Catro xogadores formados nas categorías inferiores do club forman parte da convocatoria para o dobre compromiso ante Croacia e Bosnia e dous deles integran na actualidade o primeiro equipo celeste.

Iago Aspas, Brais Méndez, Jonny e Rodrigo concéntranse desde o luns co combinado nacional que dirixe Luis Enrique. Nunca antes na historia do club, catro canteiráns do RC Celta coincidiran na Selección Española. Ademais, Iván Villar, porteiro do Celta B, e Pape Cheikh, xogador do Olympique de Lyon, ambos canteiráns celestes, recibiron a chamada da Selección Española Sub-21.

Con motivo deste fito extraordinario, tanto para o RC Celta como para a Fundación Celta e todo o celtismo, o club lanzou unha campaña de celebración baixo o lema “Nada é casualidade” e que estará presente tanto en soportes físicos como dixitais durante as próximas semanas. Con esta iniciativa, o RC Celta e a súa Fundación abrazan, se cabe con máis forza, a súa firme aposta polo fútbol base e pon en valor o extraordinario traballo realizado até a data. A canteira celeste é xa unha referencia internacional. O seu futuro, o máis ambicioso e ilusionante na historia do club.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas