Hemeroteca club

O RC Celta compartiu cos vigueses a chegada do Nadal nun multitudinario acto que conxugou emotividade e espectáculo

RC Celta

 acto_naivdad_sede_web_181215.jpg

 

 

O Real Club Celta recibiu esta tarde no corazón da cidade, no entorno  da súa nova sede social, o Nadal nun multitudinario acto que conxugou emotividade, sentimento e espectáculo. Todos os estamentos do club, consello de administración, directores, primeiro equipo, categorías inferiores, técnicos e empregados, compartiron cos vigueses, que abarrotaron a rúa do Príncipe e arredores, a chegada das festas cun evento que combinou elementos audiovisuales, lumínicos e musicais e que simbolizou o gran agasallo que o club faille a Vigo, unha sede social aberta a todos en pleno centro da cidade.

 

O acto comezou ás 19.30 horas co son dos tambores do grupo Treboada de Tomiño, Pinzás e Sobrada, que actuou desde o interior dunha nova sede que se foi iluminando de xeito paulatino. Tras un xogo de sombras e proxeccións ao son dos tambores, actuou o grupo V-Go! Negro Son Coro, que interpretou un villancico, tamén desde o interior do inmueble coas súas sombras proxectándose cara ao exterior.

 

 

A continuación, proxectouse sobre a fachada do inmueble un emotivo vídeo sobre o Real Club Celta, a súa historia, o seu presente e futuro, a súa estreita relación con Vigo e Galicia, a súa afección, que deu paso de novo a Treboada e a unha proxección na que xogadores do primeiro equipo, corpo técnico e presidente, Carlos Mouriño, felicitaron as festas a afeccionados e cidadáns. Carlos Mouriño incluíu ademais na súa felicitación unha mensaxe de esperanza para o futuro e destacou que “o que o que dá sentido a todo, abrázao e faino forte é a comuñón entre o equipo, a afección e a cidade”

 

 

O grupo V-go! Negro Son Coro interpretou despois o himno do Celta, preludio do lanzamento desde a cuberta dunha choiva de globos celestes para poñer punto e final a un intenso e emotivo acto.

 

 

Antes deste evento, todos os integrantes do club gozaron do tradicional ágape navideño, ao que asistiron consello, directores, primeiro equipo, corpo técnico, categorías inferiores e empregados.

pincho_navidad_web_181115.jpg

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas