O Real Club Celta terá un destacado protagonismo nas Primeiras Xornadas de Dereito Deportivo que se desenvolverán os días 11, 21 e 22 do presente mes de abril nas Facultades de Dereito do Campus de Ourense e de Ciencias Xurídicas e do Traballo de Vigo por iniciativa da Universidade olivica. O director xeral do RC Celta, Antonio Chaves, inaugurará, xunto a dous representantes da institución académica, o vicerrector Manuel Fernández e a catedrática Ana María Pita, as xornadas este luns ás 9.00 horas.
Nesa xornada inaugural, ás 13 horas, o adestrador do RC Celta, Eduardo Berizzo, participará nunha mesa redonda sobre “Perspectivas e implicaciones do Dereito Deportivo”. A primeira das xornadas deste evento pecharase cun debate-coloquio centrado en “Responsabilidade persoal e civil dos dirixentes deportivos e federativos” no que tomará parte o director xeral celeste
Antonio Chaves volverá participar o venres 22 nunha interesante mesa redonda sobre “Impacto mediático e presunción de inocencia nas sancións no deporte”.
Nestas xornadas de tres días de duración tomarán parte, entre outros, reputados avogados, catedráticos e profesores de diversas universidades europeas, árbitros e deportistas.