camisetas letras galegas sponsors
O Club

O RC Celta conmemora o Día das Letras Galegas dándolle as costas

RC Celta

A celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á figura de Xela Arias, coincide coa visita do RC Celta a un dos campos máis emblemáticos de Europa. No Camp Nou, o club escribirá a última páxina dunha orixinal conmemoración que se desenvolveu ao longo dos últimos días. Os xogadores celestes realizarán o quecemento previo ao partido cunhas camisetas creadas específicamente para esta celebración. Non lucirán os seus nomes nas costas, senón algúns dos termos futbolísticos máis populares en galego. Así se poderá ver a Iago Aspas co verbo canear ou a Iván Villar coa palabra luvas.

Durante toda a semana, o resto de xogadores do plantel explicaron a través das redes oficiais do club o significado desta serie de palabras que formaron parte dun concurso no que os afeccionados puideron evaluar o seu léxico futbolístico en galego. As palabras elixidas para as camisetas celestes son: biqueira, bancada, padiola, luvas, seareiro, canear, furar, adestrador, quecemento, malleira, sachada, punteirolo, reviravolta, curruncho, afouteza e canteira.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas