book hori
Celtismo

O RC Celta contará co apoio virtual da afección ante o Athletic Club

RC Celta

O vindeiro domingo a afección do RC Celta terá unha nova oportunidade de mostrar o seu apoio ao equipo celeste durante o partido a través do videomarcador do estadio e da U televisiva que rodea ao terreo de xogo.

Selfie Stadium, a iniciativa que permite ás afeccións acceder aos campos de forma virtual grazas á tecnoloxía, regresará o vindeiro domingo 14 de marzo a Abanca Balaídos con motivo do partido da vixésimo sétima xornada de LaLiga Santander fronte ao Athletic Club (14.00 horas).

Abanca, coa colaboración da plataforma Book Your Stadium, dará a oportunidade a 224 afeccionados do RC Celta de estar presentes no campo enviando unha foto súa que será proxectada en diferentes momentos do partido para motivar aos futbolistas de Eduardo Coudet.

A iniciativa é completamente gratuíta e aberta a todo o mundo. O único que hai que facer é rexistrarse NESTA LIGAZÓN e enviar unha foto cun xesto de ánimo. Todos os participantes rexistrados entrarán nun sorteo que terá lugar o venres e do que sairán os 224 selfies elixidos.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas