ESCUDO-1300x400-01
Novas club

O RC Celta continúa ‘seducindo’ a Estados Unidos con importantes visitas institucionais

RC Celta

Cunha axenda apertada, ilusionante e gratificante, o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, avanzou nas últimas horas na súa visita a institucións e entidades estadounidense. O dirixente celeste iniciou unha longa xornada en Nova York cunha frutífera visita a Relevent Sports, unha das maiores axencias de Estados Unidos e que goza dunha alianza estratéxica con LaLiga para a creación e difusión, a través de LaLiga North América, de contidos no continente americano.

Carlos Mouriño foi recibido por Dani Sillman, CEO de Relevent Sport, e Boris Gartner, o seu homólogo de LaLiga North América, e con quen departiu sobre a expansión da Marca Celta nun mercado de enorme potencial e futuro como o norteamericano.

Tras este produtivo encontro, o presidente céltico visitou as oficinas centrais da NBA, na 5ª Avenida de Nova York, onde tivo a oportunidade de departir co vicepresidente de Negocio Dixital da NBA, Héctor Arguelles, sobre os detalles do funcionamento e proxección no mercado dunha liga tan poderosa como a de baloncesto estadounidense.

Pechou a xornada cunha visita ilusionante e especial. Carlos Mouriño tivo un emotivo encontro cos integrantes da Peña Celtista de Nueva York nun local de hostalería que fai honra á orixe dos seus impulsores, Restaurante Tomiño, onde unha longa charla informal sobre o club  foi aderezada por produtos como polbo a feira ou pementos de Padrón. Especialmente emotivo foi o encontro co pequeno *Álex, moi querido polo celtismo pola súa paixón polo club, a súa enteireza e valentía.

Carlos Mouriño destacou a importancia que ten para a internacionalización e expansión de marca do club este tipo de visitas institucionais promovidas por LaLiga Impulso e LaLiga North América, pero subliñou sobre todo o emotivo e satisfactorio que resulta o encontro cos celtistas na diáspora, que cualificou de “inesquecible”.

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas