ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

O RC Celta crea a conta de Twitter @RCCeltaGL para comunicarse cos seus afeccionados en galego

RC Celta

O RC Celta reafirma a súa identidade e reforza o seu compromiso co idioma galego coa creación dunha conta de Twitter que informará aos seus afeccionados exclusivamente nesta lingua. Os seguidores celestes atoparán en @RCCeltaGL toda a información sobre o club e o equipo en galego, idioma que a entidade celeste utiliza de maneira habitual en todo tipo de comunicacións coa súa afección.
Desta maneira, o RC Celta súmase ao resto de equipos que interactúan cos seus afeccionados con contas específicas das súas dúas linguas cooficiais, como FC Barcelona, Athletic Club, Real Sociedad, Valencia, Levante, Osasuna, Villarreal, Elche ou Alavés.
O FC Barcelona dispón de 18,1 millóns de seguidores na súa conta en castelán e de 6,7 millóns na de catalán. O Athletic Club ten 939.000 seguidores no seu perfil de Twitter en castelán e preto de 76 mil no que utilizan o eúscaro. A Real Sociedad ten 684.200 e 21.800 respectivamente; a Valencia conta con 1.3 millóns de seguidores en español e 38.600 en valenciano; o Levante 435.200 mil e 1.350 en valenciano, Osasuna 259 mil en español e 3.840 en vasco. Pola súa banda, o Villarreal dispón de 556.800 mil en español e 1.850 en valenciano, o Elche de 248.500 mil e 2.200 en valenciano e o Alavés ten 235 mil en castelán e 2.770 en vasco.
O RC Celta ten máis de 497.300 seguidores na súa conta de Twitter, dos que tres de cada dez son galegos.
É un paso adiante de gran importancia para a entidade celeste, que desta maneira reafirma o seu compromiso cun idioma que marca a inequívoca identidade do Real Club Celta.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas