ESCUDO-1300x400-01
O Club

O RC Celta e a súa afección homenaxean aos celtistas medallistas en Tokio 2020

RC Celta

homenaje olimpicos balaidos hztal 150821

Son celtistas, galegos, a elite do deporte nas súas disciplinas, e regresaron triunfantes dos Xogos Olímpicos de Tokio. Teresa Portela, Ana Peleteiro e Nico Rodríguez, celtistas confesos e medallistas nas Olimpíadas, recibiron unha merecida homenaxe nos prolegómenos do primeiro partido da tempada ante o Atlético en Abanca Balaídos.

O presidente Carlos Mouriño recibiu aos deportistas sobre o céspede do estadio, momento no que a afección dedicou unha incrible ovación, chea de sentimento, aos tres olímpicos. Portela, Peleteiro e Rodríguez pousaron xunto ao mandatario céltico coa nova camiseta oficial do RC Celta, persoalizada co nome de cada un deles para esta especial ocasión. Ademais, Teresa Portela foi a encargada de realizar o saque de honra ante a mirada orgullosa do celtismo.

O RC Celta estende esta homenaxe a Iván Villar, Rodrigo Currais e Rodrigo Germade, quen non puideron asistir á cita por cuestións de axenda.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas