Audiovisual

O RC Celta e Binter renovan o seu acordo de patrocinio

RC Celta

A compañía aérea Binter e o RC Celta renovaron o seu acordo de colaboración. A aerolínea seguirá sendo colaborador local do club unha tempada máis e continuará patrocinando o tempo engadido dos partidos e o concurso “Tempo Extra Binter” nos perfís oficiais do RC Celta en redes sociais. Ademáis, grazas a este acordo, os abonados e seguidores celestes disfrutarán de vantaxes exclusivas próximamente.

O estadio ABANCA Balaídos acolleu a posta en escena desta renovación, á que asistiron Noelia Curbero, directora de Relacións Institucionais de Binter, Olga Castrillón, do gabinete de prensa da compañía canaria, e os xogadores do primeiro equipo Néstor Araujo e Júnior Alonso.

Binter referenda a súa aposta por Vigo como destino regular ao longo de todo o ano, implicándose no deporte e compartindo a afección da cidadanía polo seu histórico equipo de fútbol.

Voos directos a Canarias
O pasado 3 de maio iniciáronse os voos directos de Binter entre Vigo e Canarias, con dúas ligazóns semanais con Gran Canaria e unha gran oferta de conectividad co resto de illas, grazas aos 170 voos interinsulares que a aeroliña opera de media en Canarias.

A oferta da compañía canaria amplíase o próximo 30 de outubro coa inauguración da liña Vigo-Tenerife Norte, unha conexión que ofrecerá dúas ligazóns semanais, de forma que a frecuencia de voos directos co Arquipélago Canario será de catro á semana: os martes e xoves con Tenerife e os mércores e domingos con Gran Canaria.

Os billetes pódense adquirir a través das canles de venda habituais da compañía: www.bintercanarias.com, a app de Binter, o teléfono 902 391 392 e axencias de viaxes.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas