destacado estrella galicia camiseta especial
O Club

O RC Celta e Estrella Galicia enchen a celeste de ouro no adeus de La Casa de Papel

RC Celta

Cinco anos despois do inicio da serie La Casa de Papel de Netflix e coincidindo coa quinta e última tempada, Estrella Galicia presenta unha edición especial e exclusiva da súa cervexa para conmemorar a despedida da exitosa ficción televisiva.

O RC Celta únese a este gran acontecemento, da man do seu patrocinador principal, vestindo aos xogadores do primeiro equipo cunha exclusiva camiseta de edición limitada.

Os futbolistas do RC Celta saltaron ao céspede do Visit Mallorca Estadi, durante o partido da xornada 17 do campionato ligueiro ante o RCD Mallorca, con a camiseta máis bonita de LaLiga cos seus logotipos “tinguidos” en tinta dourada de metal cepillado. Unha chiscadela ao botín de ouro roubado pola banda de La Casa de Papel.

Os afeccionados tamén poden participar nesta repartición do botín. Os interesados en conseguir un pack especial da cervexa de Estrella Galicia poden acceder a estrellagalicia.es e apuntarse á negociación con Logroño, personaxe da serie.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas