20240822_RenovacionConvenio_CeltaZorka_003
O Club

O RC Celta e o Celta Baloncesto, unha relación histórica que se afianza

RC Celta

O RC Celta e o Celta Baloncesto afianzan a súa relación histórica selando a renovación do seu contrato. Un acordo que dará continuidade á devandita unión durante catro anos máis e que supón un importante apoio ao deporte de base local.

No acto da firma, levado a cabo no pavillón municipal de Navia, estiveron presentes a presidenta do RC Celta, Marián Mouriño; o seu homólogo no CD Bosco Celta Baloncesto, Carlos Álvarez; e o director da Fundación Celta, Germán Arteta.

O RC Celta sela así o seu compromiso cun club moi arraigado á cidade de Vigo e concienciado na promoción dos valores do deporte e o desenvolvemento de diferentes actividades deportivas no territorio local.

Marián Mouriño, presidenta do RC Celta, destacou a súa satisfacción por pechar novamente un acordo con “un proxecto que cada vez crece máis”. Por outra banda, o presidente do Celta Femxa Zorka Baloncesto expresou a súa satisfacción e agradeceu o apoio do RC Celta.

Cunha duración de 4 anos, o convenio inclúe ademais o acceso de calquera abonado do RC Celta aos partidos do Celta Baloncesto, así como diversas accións de promoción conxunta e a cesión da marca Celta.

Actualmente, o primeiro equipo do Celta Baloncesto milita na Primeira División Feminina da liga Nacional de Baloncesto (“Liga Endesa Feminina”). Baixo a denominación de Celta Femxa Zorka é un dos clubs locais máis laureados tanto a nivel rexional como nacional. Ao longo da súa historia logrou 5 campionatos de liga e 6 subcampeonatos, 4 copas da raíña e 5 subcampeonatos e proclamouse campión da copa de Galicia en 12 ocasións.

Satisfeitos de poder seguir apoiando e traballando da man con diferentes entidades locais, o RC Celta quere transmitir todos o éxitos ao Celta Baloncesto Feminino nesta tempada 24/25 que están a piques de arrincar.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas