AS901197
O Club

O RC Celta e o Concello de Vigo impulsan a cultura cun acordo para celebrar concertos en Abanca Balaídos

RC Celta

O RC Celta e o Concello de Vigo asinaron esta tarde un acordo que autoriza a celebración de concertos no estadio de Abanca Balaídos. A presidenta do RC Celta, Marián Mouriño, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, selaron o convenio que permitirá á entidade deportiva organizar eventos musicais na instalación municipal desde a finalización da tempada de Laliga ata o 15 de xullo de 2025.
Abanca Balaídos, con capacidade para albergar eventos de gran afluencia, convértese así nun epicentro cultural e artístico, reforzando o seu valor como a principal instalación deportiva do sur de Galicia. Este acordo non só fomenta o arraigamento da música e a cultura en Vigo, senón que tamén consolida unha alianza para fortalecer a marca da cidade como referencia cultural.
Con este paso, o RC Celta e o Concello de Vigo reforzan o seu compromiso coa promoción da cultura e o deporte como motores de desenvolvemento, subliñando a capacidade da cidade para albergar eventos de gran relevancia.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas