ESCUDO-1300x400-01
O Club

O RC Celta enriquece a súa área social coa ampla experiencia de Raúl Rivas

RC Celta

O RC Celta enriquece a súa estrutura e reforza un área de vital importancia para a entidade celeste coa incorporación de Raúl Rivas como responsable social e de explotación de match day. Rivas acumula unha ampla experiencia na relación cos abonados e o desenvolvemento de eventos e actividades en recintos deportivos.

Chega ao RC Celta tras máis de quince anos de experiencia nas áreas de marketing, vendas e desenvolvemento de negocio en empresas líderes a nivel internacional e dunha fructífera etapa no FC Barcelona, onde desde 2014 foi responsable de diversas áreas relacionadas cos abonados, entradas e explotación das instalacións deportivas.

Para o club supón un importante paso á fronte na relación e atención aos abonados, que recibirán un notable impulso. Raúl Rivas liderará un área, a social, cos abonados celestes como eixe e que sen dúbida reforzará e potenciará os vínculos coa masa social.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas