Hemeroteca celtismo

O RC Celta entrega a insignia de ouro a 32 celtistas exemplares

RC Celta

insignias1314.jpg

O Museo acolleu unha emotiva homenaxe aos abonados con 50 anos de antigüidade

 

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, entregou esta tarde as insignias de ouro do club aos abonados que cumpliron 50 anos de antigüidade. O Museo do Celta acolleu un emotivo acto no que 32 celtistas exemplares recibiron o recoñecemento e agarimo da entidade celeste, tanto pola súa fidelidade como pola súa inquebrantable compromiso có club ao longo de cinco décadas.

 

“Sodes un exemplo para nós”, asegurou o máximo mandatario céltico aos homenaxeados, aos que pediu que inculquen “aos afeccionados novos o sentimento, a fe e a paciencia que vós tivestes”. Carlos Mouriño non quixo deixar pasar a ocasión para realizar unha mención especial ás dúas abonadas históricas que esta tarde recibieron a insignia de ouro: “que dúas mulleres foran abonadas dun club de fútbol fai 50 anos e que acudiran aos partidos non debía ser doado. Son un exemplo”.

 

Tras a imposición de insignias, os protagonistas posaron sobre o céspede de Balaídos para realizar a habitual foto de familia xunto ao consello de administración do club e unha representación dos xugadores e corpo técnico do primeiro equipo e do filial.

 

Os abonados homenaxeados foron: Enrique Fernández Pérez, Fernando González García, Juan Soto Alonso, Domingo Pereira González, Antonio Rodríguez Rodríguez, Manuel Sampedro Pereiro, Ramón Leira Iglesias, José Melón Álvarez, Edelmiro González Quintela, Jaime Padín Nieto, Emilio Filgueira Martínez, Manuel F. Pérez Cobas, José A. Rodríguez Riveiro, Ramón Vázquez Vázquez, Juana Portela Martínez, Benito Alonso Docampo, Julio Otero Mosquera, Francisco Pazó Varela, Alfonso Carrera Pérez, Manuel Corpas Mariño, Epifanio Adán Canda, Manuel Figueroa Vila, Gonzalo Calvo Santiago, Fernando Álvarez Roque, José F. López Rivas, Arturo Mera Rodríguez, Lisardo Villanueva Bernárdez, José Villaverde Rodríguez, Benito González Casal, Jaime Nogueira Santomé, Marcelino Conde Barcia e Carmen Vieytes Dos Reis.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas