escudo_grande.jpg
Hemeroteca club

O RC Celta envía o seu apoio a Pontevedra, Choco e resto de equipos galegos en fases de ascenso

RC Celta

escudo_grande.jpg

O club trasládalles o seu ánimo e o desexo de que alcancen o seu obxectivo

 

O Real Club Celta quere enviarlle todo o seu apoio e ánimo ao Pontevedra C.F. no seu inminente partido ante o Mensajero pertencente á fase de ascenso á Segunda División B. O club vigués quere manifestar o seu desexo de que o conxunto pontevedrés, tras unha espléndida campaña, logre o seu obxectivo de ascender á división de bronce do fútbol español, máis acorde coa historia e a afección do equipo veciño.

 

Igualmente, o R.C.Celta fai extensivo esta mensaxe de apoio e ánimo ao Club Deportivo Choco, que se mide o domingo ao Extremadura nun partido no que necesita una heroica remontada, e ao resto de equipos galegos que disputan a fase de ascenso a Segunda B, así como ao Racing de Ferrol, aspirante a regresar á Segunda División tras unha brillante tempada. Sorte para todos eles.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas