O club desea transmitir todo o seu apoio e cariño ao ex xogador celeste e á súa familia polo falecemento da súa muller
O Real Club Celta quere expresar o seu profundo pesar polo falecemento nas últimas horas de Elina Rei Valiño, muller do presidente do Racing de Ferrol, Isidro Silveira, vigués e ex xogador do equipo celeste.
O club quere transmitirlle ao presidente do Racing e a toda a súa familia a súa máis sentido pésame por esta dolorosa perda e enviarlle un afectuoso abrazo e unha sincera mensaxe de ánimo.
Isidro Silveira naceu no barrio de Lavadores e, aínda moi novo, xogou un par de tempadas no Real Club Celta, club co que o presidente racinguista mantén unha extraordinaria relación e que lle envía, a el, á súa familia e contorna todo o seu agarimo e apoio nuns momentos tan complicados.