O club deséxalle unha pronta e total recuperación trala súa grave lesión no Brentford
O Real Club Celta quere trasladarlle ao canteirán José Ignacio Peleteiro, Jota, todo o seu apoio e enviarlle unha sincera mensaxe de ánimo trala grave lesión que sufriu nas últimas horas no seu actual equipo, o Brentford F.C.
O club deséxalle ao xogador unha pronta e total recuperación e reitera o seu desexo de que o canteirán celeste volva canto antes á actividade para seguir deleitando aos afeccionados co seu xogo.