ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

O RC Celta escoitará ao celtismo para elaborar a programación do centenario

RC Celta

O RC Celta traballa xa con gran intensidade nunha celebración histórica na que o celtismo e a sociedade en xeral serán os grandes protagonistas. En 2023 o club cumprirá cen anos de vida, unha conmemoración que encherá a axenda celeste de actos e iniciativas encamiñadas a que a afección viva e goce ao máximo da conmemoración destes cen anos de existencia.

O club quere que no deseño da programación do centenario o celtismo e a cidadanía teñan voz e para iso o club pon a disposición dos abonados e afeccionados varías vías para coñecer de primeira man o seu sentir e os seus desexos para unha conmemoración inesquecible.

Os abonados celestes recibirán un correo electrónico cunha pequena enquisa na que poderán reflectir as súas expectativas e preferencias. En paralelo, o club abre un formulario na dirección www.rccelta.es/centenario onde calquera poderá trasladar a súa idea ou proposta relacionada co Centenario.

O RC Celta tamén se poñerá en contacto coas penas para coñecer a súa sentir sobre esta celebración nunha serie de reunións nas que os peñistas terán a oportunidade de trasladarlle ao club as súas ideas e inquietudes.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas