20240711_AutobúsIFEVI_2
Novas club

O RC Celta estrea autobús!

RC Celta

O RC Celta incorporará novos autobuses para a tempada 24/25 que mellorarán a experiencia de viaxe de xogadores e corpo técnico.

Desde o inicio da pretempada ata setembro, o primeiro equipo viaxará nun autobús negro que lucirá dous escudos do RC Celta nos costados e unha frase como chiscadela á afección: “Sempre Celta”. A partir de setembro, este vehículo será asignado a A Canteira e As Celtas, e o primeiro equipo pasará a utilizar outro que manterá a mesma estética e última tecnoloxía.

Colaboración con Autos González, S.L.

Ambos os autobuses son proporcionados por Autos González, unha empresa galega que conta cun apartado especializado en transportes discrecionales para equipos de fútbol.

Autos González dedícase a ofrecer servizos de traslado e recollida a pavillóns, campos de xogo, aeroportos, e máis, priorizando sempre a calidade e a seguridade en cada viaxe. A súa frota sométese a rigorosas revisións técnicas para garantir un rendemento óptimo.

Os autobuses de Autos González están equipados con sistemas avanzados de seguridade como ABS, ASR, freos de disco, cambio automático, sistemas antivuelco e dobre lúa de seguridade, entre outros.

Estes sistemas son fundamentais para asegurar a protección e o benestar dos nosos xogadores durante os seus desprazamentos.

Ademais de todo iso, grazas á súa contribución coa Fundación, Autos González será membro de honra da mesma.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas