O RC Celta prepárase para celebrar un aniversario especial. Con motivo dos seus 101 anos de vida, e coincidindo co segundo partido da tempada, o club deseñou unha xornada para o recordo.
O vindeiro venres 23 de agosto, Abanca Balaídos abrirá as súas portas para que todos aqueles celtistas que non fosen a ver o museo, ou queiran revivir este máxico percorrido pola historia do RC Celta, poidan facelo de forma gratuíta ao longo da mañá, de 10:00h a 13:30h. Durante o roteiro polo estadio, os visitantes poderán explorar non só o museo, senón tamén camiñar a pé de campo, sentar nos bancos como un futbolista profesional, ver ao vestiario onde máis tarde cambiaranse os xogadores celestes e visitar a sala de prensa. Un percorrido único, pero limitado, para o que será necesario sacar unha entrada, a través DESTE FORMULARIO, a cal será gratuíta para os posuidores do Carné Celtista Abonado e calquera modalidade do Carné Celtista. Cada solicitude de entrada poderá rexistrar ata 4 persoas, tamén celtistas, por se queres ir acompañado. Os elixidos recibirán un mail o xoves 22 coa confirmación e hora de visita.
Tras isto chegará o momento álxido da tarde, no que 101 abanderados do celtismo, elixidos a través dun sorteo realizado a semana pasada, sairán ao campo para dar inicio ao partido entre o RC Celta e o Valencia CF. 101 afortunados celtistas saltarán ao verde ao ritmo de ‘Oliveira dos Cen Anos’ baixo un ceo iluminado cun espectáculo de fogos de artificio nun show de pirotecnia, que selará o centenario e dará inicio ao ano 101 de vida do RC Celta.
O club confía en que todo o celtismo únase neste día tan especial, no que xuntos sopraremos as velas e co noso alento, a forza que enche de vida Abanca Balaídos, impulsaremos aos xogadores para lograr a segunda vitoria da tempada.
Vémonos, afección!