ESCUDO-1300x400-01
O Club

O RC Celta, gran protagonista da semana nos medios nacionais e internacionais

RC Celta

O RC Celta foi o gran protagonista da semana nos medios de comunicación, cunha presenza notable tanto en España como en numerosos países do mundo.  Nunha intensa semana que culmina este sábado co partido ante o Real Madrid no estadio de Abanca Balaídos, o RC Celta acumulou unha importante presenza en referentes da información local, rexional, nacional e internacional.
Xogadores como Brais Méndez, Iago Aspas, Denis Suárez, Javi Galán, Dituro, Kevin e Orbelín, entre outros; o adestrador do primeiro equipo, Eduardo Coudet; ou o propio presidente da entidade celeste, Carlos Mouriño, representaron ao RC Celta nas principais cabeceiras informativas.
Máis dunha trintena de medios de comunicación, entre os que se inclúen referentes do sector como TVE, El Mundo, El País, Cuatro, ABC, ESPN, Eurosport, SER, SKY ou Movistar, contaron nos últimos días con protagonistas célticos. Ademais, o presidente Carlos Mouriño tivo un importante peso na actualidade, cunha rolda de entrevistas e a súa participación no importante foro EFE Sport Business Days.
Esta intensa previa informativa ao partido ante o Real Madrid culminouse este xoves con un media day internacional, organizado na Cidade Deportiva Afouteza, que contou coa presenza de medios nacionais, mexicanos ou turcos, entre outros.
RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas