A campaña de abonados dl RC Celta para a tempada 2021/22 encara a súa recta final -conclúe o mércores 11 do presente mes- cun elevadísimo ritmo de renovacións. Co obxectivo de solventar as incidencias que lle poidan xurdir no proceso de renovacións aos abonados de maior idade ou que sexan incapaces de completar o trámite online, o club habilitará varias taquillas no Estadio de Abanca Balaídos o luns e martes da próxima semana.
O horario de atención aos abonados nestas taquillas será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. En A Sede, onde desde o pasado luns xa se está atendendo aos abonados que necesitan asistencia para renovar, o horario será de 10.00 a 14.00 horas.
O proceso de renovación online pódese completar de xeito sinxelo e seguro en rccelta.es/abonados, polo que a atención presencial se reserva exclusivamente a aqueles abonados que sexan incapaces de tramitar o seu carné por esta vía.
Para resolver dúbidas ou atender a aqueles abonados con dificultades para a tramitación web ofrécese tamén atención telefónica no teléfono 986 110 900 en horario de 10 a14h e de 16 a 19h de luns a venres. Ademais, o servizo Escoitamos atenderá dúbidas e incidencias (escoitamos.rccelta.es)