Varios xogadores celestes acenderán a iluminación do Nadal do comercio este venres ás 17.30
O Centro Comercial e de Lecer Travesía dará a benvida ao Nadal acendendo a súa espectacular iluminación do Nadal o venres 29 de novembro ás 17.30 horas.
Para que o espírito do Nadal alague as instalacións de Travesía e contaxie a todas as persoas que as visiten, este ano o centro comercial preparou unha gran festa á que asistirán xogadores do primeiro equipo do Real Club Celta de Vigo, ademais de personaxes infantís como Doraemon, Shin Chan e Ben10 Alien Force.
O aceso, que levará a cabo ás 17.30 horas, protagonizarao varios xogadores do primeiro equipo, en representación do Real Club Celta. Os asistentes a este acontecemento poderán facerse fotos cos futbolistas celestes e conseguir autógrafos até as 18.30 horas.
Para os máis pequenos e seguidores dos protagonistas de animación infantil Doraemon, Shin Chan e Ben10 Alien Force, instalarase un photocall, desde as 17.00 horas, onde se realizarán fotos a todos os que queiran retratar o momento, que posteriormente se colgarán na páxina de Facebook do Centro Comercial Travesía. Unha vez máis, e como vén sendo habitual, este evento é de acceso libre e gratuíto e non faltarán agasallos e sorpresas para o público asistente.
As rúas do Centro Comercial e de Lecer Travesía engalanáronse con centenares de metros de guirnaldas, unha potente iluminación con máis de 30 mil lámpadas LED e outros motivos do Nadal, que converten este espazo nun referente para vivir o Nadal na cidade de Vigo. Toda a iluminación segue os criterios de sustentabilidade e aforro enerxético, usando LEDs de baixo consumo, actuacións que se pon en práctica polo compromiso de responsabilidade ambiental de Travesía.
Este será o arranque dunha campaña de Nadal que seguro vai emocionar a todos os que visiten o centro comercial.