cpmpra terrenos tameiha horiz 211222

O RC Celta inicia a adquisición de terreos para garantir os seus proxectos sen que a Comunidade de Montes de Tameiga perda un só metro de chan

RC Celta

Desde os primeiros esbozos do proxecto da Cidade Deportiva Afouteza, o RC Celta adquiriu un firme compromiso co coidado do medioambiente e o respecto á convivencia entre unha iniciativa de gran calado económico e social e as entidades e institucións da contorna. O club, co obxectivo de cumprir con rigor os compromisos adquiridos e á vez garantir o desenvolvemento dun proxecto extremadamente beneficioso para a área Metropolitana de Vigo, pechou nas últimas horas un acordo con particulares de Tameiga, entre eles numerosos comuneiros, para a adquisición de máis de 30.000 metros cadrados de monte nesta parroquia de Mos, ademais de ter apalabrados outros 20.00 metros cadrados máis

Este acordo pon en marcha un proceso de compra que continuará nas próximas semanas e permitirá que, mediante permuta, a Comunidade de Montes de Tameiga vexa plenamente cumprida a súa gran reivindicación: non perder un só metro de monte. O RC Celta está xa no camiño de garantir o cumprimento desta demanda e permutar coa entidade comunal os terreos necesarios para o desenvolvemento completo da Cidade Deportiva Afouteza e do proxecto máis importante da historia do club, Galicia Sport 360, sen que a Comunidade de Montes de Tameiga perda un só metro cadrado de chan.

O acordo con particulares de Tameiga para a adquisición dos terreos, limítrofes cos da Comunidade de Montes, supuxo para o club un enorme esforzo e un arduo traballo durante moitos meses, que se verán recompensados cando se complete este proceso co desenvolvemento das seguintes fases de Afouteza e Galicia Sports 360, proxectos craves para o futuro do club e dun enorme impacto non só para a área Metropolitana, senón para Galicia.

RC Celta

Etiquetas

Noticias recomendadas